QUINTERO, MARY

Mary Quintero (Melide, A Coruña 1931) iniciouse no campo da fotografía cos seus pais, fotógrafos de profesión, que a enviaron a Madrid para rematar a súa formación con Pedro Jaraba e Carlos Pascual de Lara. Con quince anos realizou a súa primeira exposición, e antes de cumprir os vinte era xa unha fotógrafa recoñecida en toda Galicia polos excelentes resultados que obtiña no coloreado das súas fotografías desde o seu estudio vigués. Durante máis de sesenta anos de profesión traballou a fotografía analóxica ?en branco e negro e en cor? e a dixital; colaborou como relatora en numerosos congresos e seminarios celebrados ao longo de todo o Estado Español, Europa, Rusia e mesmo América do Sur, foi agasallada polos seus compañeiros de profesión en numerosas ocasións e recibiu múltiples galardóns, entre os que destacan o Premio ao Mellor Fotógrafo de España, a Granada de Ouro, a Medalla de Meritxell, «La novia del año Kodak» 1986, o Óscar do ano en 1990 e 2005, o título de Viguesa Distinguida en 1994, a Medalla de Ouro e Brillantes de Sevilla e a Medalla de Galicia.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: